Sementar sementarei

Tempo de pandemia e tempo de oportunidade para os máis atrevidos.

Este ano o tempo de recreo, debido as restricións á hora de relacionarse cos amigos, non estaba resultando tan entretido como outros anos. Despois de buscar múltiples alternativas aos xogos habituais, un grupo dos alumnos externos decidiu comezar un novo proxecto para aproveitar un espazo baleiro no patio.

Así que nos mes de Novembro un grupo de alumnos capitaneados por Aitor Salgado e Yerai González, de 3ºESO, comezouse a limpeza e adecentamento da zona.

Unha vez rematada a limpeza e tras comprobar que a terra da zona non era posiblemente a máis productiva debido á presenza de sábrego, decidimos fertilizala con terra vexetal. Así que puxémonos mans a obra.

Coa terra fertilizada e pasadas as intensas choivas de principios de decembro, xusto antes de comezar as vacacións de Nadal, fixemos a primeira plantación, coa idea de comprobar como respondían os cultivos. Comezamos por leitugas e repolos.

Á volta das vacacións navideñas continuamos engadindo novos vexetais á horta. E aproveitando o mini-invernadoiro portatil que fixeron os compañeiros de 2ºESO plantamos un pequeno banco de sementes coa intención de unha vez xerminadas e cando chegase o tempo, pasar os novos brotes á terra.

O seguinte paso será a contrución dun invernadoiro de gran tamaño que terá acoplado o muro de recolección de auga que fixemos o ano pasado e que intentaremos que evite os problemas para regar que temos cando os alumnos abandonan o centro durante o verán.

Unha nova forma de divertirse

Este ano tiñamos unha difícil tarefa para poder continuar coas nosas actividades debido ó Covid-19. Pero tras rematar a maioría dos proxectos do ano pasado emprendimos uns novos.

Os alumnos de 3ºESO continuaron a transformación do noso bosque, neste caso na zona próxima ó centro que decidiron transformala nunha zona de ocio construindo un campo de minigolf. Decidiuse esta actividade por poder realizala ó aire libre e deste xeito encontrarnos máis seguros.

Logo dun longo proceso de investigación puxeronse en marcha. Cada un deles foi pouco a pouco pasando o seu deseño do papel á terra. A maioría deles seguiron un proceso que pode resumirse en:

Limpeza do terreo: o terreo estaba cheo de pedras malas herbas e algúns restos dunha obra que se realizou o ano pasado.

Alisar: o terreo unha vez eliminadas as herbas e as pedras chegou a parte máis difícil de deixar o máis plano posible o terreo. Os días de chuvia, ainda que molestos, axudaronnos nesta tarefa.

Construcción de obstáculos utilizando materiais do entorno e reciclados.

Decoración con plantas aromásticas e arbustos.

Algúns campos aínda están por rematar e noutros faltan retoques, pero noutros xa podemos comezar a practicar o noso “swing”.

Os alumnos que foron rematando están a axudar os rezagados e comezando o deseño dos paus para xogar.

Continuará…

Senta e desfruta

Neste inicio de curso 20-21 e a espera de que o virus nos deixe seguir traballando como nos gusta, aproveitamos estas primeiras semanas para rematar algunhas actividades que se nos quedaran no tinteiro o ano pasado.

Estos son os asentos que creamos reciclando botellas:

  1. CHESTER

Esta obra de arte foi feita a partir das botellas enchidas con plásticos e refugallos por parte de todos os alumnos  e profesores do centro. En total 140 botellas, a máis pesada de todas chegou a acadar os 1,13kg de peso. Para unilas utilizamos espuma de poliuretano e cinta de embalaxe. Polo momento ubicámola no claustro pero a idea é trasladalo a Ruta das árbores para que as persoas maiores que pasean poidan sentarse a descansar.

 

2. PUFS

Estes asentos foron creados polos alumnos de 2ºESO na materia de Tecnloxía. Durante a explicación de estruturas estivemos buscando a maneira de encaixar as botellas de maneira que deran lugar a unha estructura forte para aguantar o peso dunha persoa adulta. Cada un destes puf está composto por 57 botellas. Para mellorar a comodidade engadimos unha espuma e unha funda de tela lavable para poder desinfectala e limpala despóis do seu uso.

Un dos puf foi feito a partir dun pedazo de tubería que atopamos nun dos días que saimos a limpar o bosque do Seminario.

 

 

Escollendo o modo máis resistente de unir as botellas

 

Agrupándo e montando a estrutura primaria

 

Mellorando a confortabilidade

 

Gracias Concha pola túa axuda.

 

O persoal de limpeza tamén se implica no proxecto.

 

¿Queres vir a probalos?

 

3. BANCO DE MADEIRA E UNIONS E SOMIER DE PLÁSTICO

Nunha das nosas saídas para limpar o monte atopamos varias estacas vellas tiradas por mor dunhas obras de remodelación ca estrada que conecta o Seminario Menor e o Maior. Para aproveitalas creamos un banco. A súa característica principal é que non leva cravos nin tornillos, todas as unións e o zona de sentarse están feitan con  botellas que fiaramos, trenzaramos e quentamos coa pistola de calor para mellorar a súa resistencia.

Alumnos de 2ºESO fiando botellas

Duro traballo de equipo no proceso de trenzado.

 

Moita atención para atar as unións

 

A zona para sentarse faise coas trenzas endurecidas coa pistola de calor

 

Acomodado e poñendoo máis bonito

 

O noso xefe de estudos estrea o comezo deste curso o banco.

Xardín vertical

Esta semana saíu do taller un dos primeiros proxectos: o xardín vertical.

Os alumnos de 2ºESO pensaron neste proxecto a principio de curso cando lles propuxemos reciclar as botellas de plástico con un fin funcional. A idea era sinxela pero o resultado podía ser interesante e puxémonos mans a obra.

Decidímonos por unha altura de 1,5 m na que colocamos 5 botellas separadas por unha distancia de 30 cm. Para unilas utilizamos corda de tendal que pasamos por pequenos buratos que fixemos nos extremos da botella usando un soldador de estaño. Utilizamos esta ferramenta para evitar facer cortes a partir dos cales a botella puidese romper unha vez tivera o peso da terra e das plantas.

Como tope para que as botellas non escorreguen cara o fondo da corda, fixemos un nó e cubrímolo cun tapón.

En cada botella fixemos dous ocos cadrados de aproximadamente  5×5 cm para colocar as plantas.

 

 

A idea inicial era cubrir un muro no exterior do centro pero

debido ás futuras obras por mor duns desprendementos tivemos que situalas na horta interior.

Para isto fixemos unha base  de forma triangular para colgalas. A característica que salientamos desta base foi que a fixemos sen usar puntas ou parafusos, senón botellas cortadas en forma de serpentina coas que atamos os paos e apretamos aplicando calor coa pistola térmica.

 

 

 

 

Finalmente enchemos os nosos novos maceteiros con sustrato e plantamos os amorodos.

Botellas de plástico

Como xa adiantáramos, este ano comezamos a traballar con plástico. O noso traballo centrouse en darlle unha segunda vida as botellas que utilizamos no noso día a día a través de varias iniciativas que comezamos durante a primeira avaliación e que están en aínda en desenvolvemento, pero queremos deixarvos mostra do traballo que estamos facendo.

1.Estamos deseñando un xardín vertical, que cara ao mes de febreiro queremos instalar no noso bosque para plantar diversas flores e plantas. Estamos a crear varias unidades como esta.

 

2. A arte sempre é ben acollida, así que decidimos facer as nosas propias esculturas de diferentes animais aproveitando as botellas e cubríndoas con bolsas do lixo.

 

3. Mentres traballabamos coas botellas, decatámonos de que había unhas máis duras ca outras, decidimos aproveitar as más fortes para deseñar uns puffs para instalar na entrada e que así os nosos proxenitores poidan agardar sentados a que saiamos do colexio. Aínda nos queda poñerlle un bo acolchado para facelos máis cómodos, pero a estrutura inicial xa a temos.

4. Algunhas das botellas que nos sobran, cortámolas en tiras longas e utilizámolas para facer trenzas de plástico que posteriormente utilizaremos…nun futuro proxecto que veremos máis adiante.

Xa estamos aquí

“Folli caduci silva”, “Columba”, “ A ruta das árbores” , “ O bosque animado” e “Cirurxía plástica”. Xa levamos

colaborando cinco cursos, cinco anos de proxectos ilusionantes que espertaron e seguen latexando no noso colexio da

man de Voz Natura.

 

Xa non son proxectos, son realidades que nos fan reflexionar e sentirnos orgullosos do traballo feito dende un colexio

moi pequeno pero moi comprometido coa educación ambiental. 

 

 

Aínda que as distintas actuacións teñen as súas particularidades, todas se integran no entorno natural que nos envolve e do que disfrutamos. Podemos camiñar pola ruta das árbores e pararnos a observar e gozar do arrecendo da horta de plantas aromáticas, saborear algúns froitos temporeiros das arandeiras, ou apañar os primeiros cogomelos que saíron ao pé daqueles castiñeiros microrrizados que con tanta ilusión plantamos hai catro anos.

 

 

Pero, ademáis do gozo sensorial, o proxecto continuísta no que estamos embarcados, achegaun gran valor

didáctico, xa non só para o alumnado do colexio, senón tamén para persoas que nos visitan e que nos enche de

satisfacción cando vemos que se paran diante daquel atril informativo da avifauna do proxecto Columba ou se

abaixan para coñecer o nome científico desa árbore que aparece escrito con tinta indeleble nun croio branco.

 

Este curso estamos a loitar contra os polímeros. Queres participar?

 

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora